Cheira ole a voces embalsamadas en corpos afónicos, mais tamén a letras que conviven coas súas bocas e xuntas fotografan esa Palestina de monumentos de persoas, auga, area e sal. As palabras ilustran as imaxes dun sendeiro de liñas debuxadas con pés que escriben historias e mans que contan sucesos. Iso é Cheira, un mapa vivo con coordenadas que permiten degustar, escoitar, palpar, ver e cheirar Palestina.