A última novela de Virginia Woolf sitúase nunha casa no corazón do país, na que a veciñanza presenta o seu certame anual. A través do diálogo, o humor e as apaixonadas reflexións dos personaxes, Virginia Woolf explora como se forma (e se dispersa) unha comunidade ao longo do tempo. A representación de escenas da historia inglesa enlazánse cos dramas persoais dos espectadores que suceden entre os actos. A través da figura da señorita La Trobe, a creadora do certame, Woolf cuestiona os principios imperialistas e, ao mesmo tempo, recrea o esquivo papel da artista. Entre os actos é tamén unha rechamante evocación da experiencia inglesa nos meses previos á Segunda Guerra Mundial.