Unha muller tira do cabo da súa asfixia para observala máis de preto. Unha muller mírase en retrospectiva e sente que mira a outra que non é ela; a outra que somos moitas con esa mesma dificultade para recoñecérmonos ao nos mirar tamén así. E acompañámola na estrañeza e no horror. Vaia se a acompañamos! Imos con ela pola nosa planicie, polo museo da vida insubstancial á que nos fomos axustando gramo a gramo. Por esa existencia na que, privada e publicamente, descubrimos que apenas fomos deixando unha discreta rascadura de grafito nunha parede moi gris Unha muller (quedou claro, non?) érguese na estrañeza e decide facer algo drástico para ?nesa infracción da súa traxectoria? comezar a se atopar a si propia, aínda que sexa só por unhas horas. Lánzase á transgresión impulsada por anos de dúbidas e medos. E ponse no centro, no lugar onde xa non pode deixar de ser vista, onde xa non lle é posible parar de se mostrar e, por tanto, nin ela nin nós atoparemos un abrigo onde nos(...)