Tantas vidas lembradas por Annemarie Ni Churreáin nestes poemas e a través da súa obra transmiten os instantes do sufrimento diario. Os traumas medraron dende que a Irlanda Oficial decidiu non recoñecer a súa existencia. A narrativa irlandesa oficial elixiu esquecer e non conmemorar e remunerar as mulleres e a rapazada que habitaron un inferno no seu día a día. Estes poemas son aqueles onde mulleres feridas e os seus nenos conseguen falar nunha lingua espida, algo que nunca puideran realizar con anterioridade. E dado que sabemos que son persoas que viven nun espazo ermo onde nada consegue medrar, estamos na obriga de actuar do mellor xeito posible, como Ní Churreáin nos pide, coñecendo que nada tenro pode ser deixado ó abeiro da soidade. Un acto fundamental para ser recoñecidos como seres humanos.